martes, noviembre 01, 2005

Concurso de traslados 2005/2006

No pasado curso 2004/2005 (e anteriores) o profesorado de secundaria viuse privado da posibilidade de concursar a cerca do 40% das vacantes de instituto. E non porque non saíran a concurso, senón que foron asignadas a outros corpos docentes que estaban temporalmente adscritos. Neste curso especialidades coma Bioloxía perden máis do 50% das vacantes.

Todos os anos unha cantidade considerable de mestres que están impartindo clases en centros de primaria conseguen unha plaza en propiedade en instituto. Aínda que moita xente non está informada, isto volverá a ocorrer no presente concurso (2005/2006) e como sempre grazas á presión que fan os sindicatos á administración. Este ano estímase que cerca do 70% das vacantes de 1º ciclo da ESO voltarán a ser adxudicadas a mestres. Non satisfeitos con isto, a CIG solicita á Consellería que oferte 51 novas prazas de ESO máis no concurso de Primaria, o que significa que as vacantes de toda a ESO para mestres duplican as ofertadas ós lexítimos destinatarios: Profesores de Secundaria. Curiosamente nin CIG, nin ANPE nin CSI/CSIF fan público ningún dato referente á situación do concurso de traslados de secundaria nos seus portais. CCOO e UGT non teñen páxina web.

Gostaríanos crer que en Primaria hai máis problemas de mobilidade, pero isto non é así, pois o número de vacantes para mestres (440) practicamente duplica as vacantes que saen para toda a Secundaria incluíndo Bacharelatos (No ano 1995: 15.000 mestres e 11.000 profesores de secundaria). No caso de Bioloxía o 54% das vacantes de instituto son para mestres. No caso de matemáticas ou Galego pérdense o 30% das vacantes. "Algúns" consideran que as máis de 40 vacantes de instituto que adxudican a mestres son insuficientes. Efectivamente 40 dun total de 440 vacantes ás que poden optar os mestres non son moitas. Pero o caso é que o profesorado de secundaria afectado só pode concursar a un total de cerca de 90 vacantes.
Aquí podedes ver a distribución de vacantes no concurso 2005/2006
Se non dades crédito a isto podedes chamar ao voso sindicato ou preguntarlle ao voso representante cando pase polo centro (se é que pasa antes de que remate o concurso, por suposto). CIG, CCOO, ANPE, etc, reclaman abertamente nas mesas sectoriais que a totalidade das vacantes de 1º ciclo se adxudiquen a mestres.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Eu son profesor de Secundaria e non teño ningún interese en dar clases en 1º e 2º da ESO. Pero a realidade é que xa me están a obrigar a dar neses cursos e non podo concursar a esas prazas.

Apoio totalmente as vosas reivindicacións.

11:34 PM  
Anonymous profSecundaria said...

Sindicatos de Secundaria ya existen en muchas autonomías y obtuvieron representantes en las pasadas elecciones. Ved una web de muestra y buscad otras. www.APSaragon.com
¡Ánimo moveos ya , hay elecciones para fin de 2006!

1:45 AM  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home